[[[ MANIFESTO ]]]

A Jamda Chicharra 2010 busca amosar as diferentes disciplinas do Hip Hop practicadas por mozos e mozas. É o fin de festa do programa NOITES ABERTAS e celebrarase o 29 de maio de 2010 no Local de Música de Pontevedra e os seus arredores.

A Jamda Chicharra 2010 busca un novo modelo organizativo, con equilibrio entre a participación xuvenil e a producción profesional.
A inexistencia de espazos de difusión para a música de base fai da Jamda Chicharra o evento de Hip Hop galego de referencia, potenciando os novos talentos, os proxectos musicais do país, e sendo un escaparate do movemento Hip Hop en Galicia.

-- OBXECTIVOS --
•Converter á Jamda Chicharra no evento de referencia do HH galego.
•Posibilitar a grupos e artistas mostrarse nun espazo coidado e con medios profesionais.
•Posibilitar a participación de xente moza nunha producción profesional.
•Aproveitar o evento como unha oportunidade para estructurar unha experiencia formativa
vinculada ao Local de Música.

No hay comentarios: