PROGRAMACIÓN/HORARIOS IV JAMDA CHICHARRA
































PROGRAMACIÓN IV JAMDA CHICHARRA [29 MAIO, Local de Música, Pontevedra]


10:00 h
Apertura mesa inscricións: B-Boy Battle 2 vs 2
12:00 h
Filtros B-Boy Battle 2 vs 2 [ata as 14:00 h]
16:00 h

Inicio Exhibición de Graffiti na rampa de acceso ao Local de Música


Apertura mesa inscricións: Batalla de MC's


17:00 h
Final B-Boy Battle 2 vs 2
20:30 h
Batalla de MC's
22:00 h

Ras [Writer Invitado Exhibición Graffiti]

Rapaz galego que entra en contacto co graffiti nos comezos do ano 1999. Dende ese momento nunca para na súa incansable busqueda da perfección, percorrendo toda a xeografia galega, portuguesa e española. Non tarda en aparecer en diversos programas da TVG ou fanzines a nivel nacional. Entrementres cultiva un pouco o mundo da arte realizando diversas exposicións ao longo de Galicia, en solitario e en grupo.
Membro da crew DeGuanteBlanco formada no 2001 xunto cos escritores O´shire e Flecha 129.

Shire [Writer Invitado Exhibición Graffiti]

Licenciado en Belas Artes (audivisuais e pintura) pola Universidade de Vigo.

Deseño e realización de pinturas murais nos festivais:
- Intercontracultura, Porriño. Edicións 2005/06/07/08/09
- Urban VGA 2009, Vilagarcía de Arousa
- Senuncan 2007, Carballiño
- Jamda Chicharra, Pontevedra. Edicións 2007 e 2009 (Gañador do certame de graffiti)
- Hip Hop don't stop 2006, Pontevedra
- Grafftime 2006, Carballo

Deseño e realización de pinturas murais para os Concellos de:
- Cangas (2007, 2009), Cotobade (2008, 2009), Narón (2008, 2009), A Coruña (2007), Betanzos (2006), Bueu (2005)...

Participa nas exposicións:
- "Graffiti in" no Colexio de Arquitectos de Ferrol. 2008
- "AP9-A3" en Sargadelos. Santiago de Compostela 2007
- "AP9-A3" en Maus Habitos. Porto 2007
-"DeGuanteBlanco" en Hades. Vigo, 2007

xunto con outros artistas/ escritores de graffiti ou en solitario.

ET Suenha [Writer Invitado Exhibición Graffiti]

Paco Quintás. Etsueña. Porriño. 1981. Acuario.(cerdos) Atractivo. Patillas. Gafas. Gorra. Ojos verdes. Guapo. Amante bandido. Enamorado. Cursi.(cerdos). Nueve. Pincha discos. Beastie Boys. Intergalactic. Africa Bambata. Looking for the perfect beat. Química. Tolueno. Cafeína. Diseño. Camisetas. Zapatillas. Invitaciones de boda. Pasarela Cibeles. Profesor. Street Art. Plantillas.(cerdos). Corazones. Pegatinas. Ilustración. Muñequitos. Monstruitos. Animalitos. 3 de espadas.(Cerdos) Graffiti. Paredes. Colores planos. Chorretones.(cerdos). Blanco divinidad. Negro Alien.(cerdos)Rosa Pasión. Violeta erika. Verde kryptón. Power Line. Nueva York. Limerick. londres. Aman. Damasco. (cerdos)...

Antony [Writer Invitado Exhibición Graffiti]

Antony è un artista dedicado ao mundo do graffiti dende o comezo dos 90.Comezou a pintar e a debuxar dende moi pequeno,sempre tivo moita facilidade e imaxinaciòn para esta arte.

Con 12 anos descubriu o graffiti como forma artìstica e de expresiòn. Sempre involucrado no mundo do Hip Hop, sen dùbida è un piar do underground de Vigo e de Galicia, tamèn chamado "dos da vella escola do graffiti"(old school). Co paso do tempo desenvolveu o seu propio estilo e personalidade artìstica. Pintou por toda Galicia, en Madrid, Barcelona, Mallorca, Ponferrada, Frankfurt (Alemania), Londres(UK)... Actualmente, con 30 anos, traballa realizando obradoiros de graffiti, pinta murais para concellos e particulares, è invitado en mùltiples exhibiciòns, organiza eventos de graffiti e customiza pezas de roupa e pinta os seus cadros.

Sempre està mergullado nalgùn mural ou desenvolvendo algùn proxecto artìstico.

Cheph [Writer Invitado Exhibición Graffiti]

Cheph comenzou a pintar no ano 1994, forma parte da crew viguesa DDL (Demonios del Limbo) i hoxe en dia segue dando guerra nas rúas co nome de Proe2.
Cheph é produtor, MC, graffwriter... www.myspace.com/chephone. Sempre está disposto a bailotear coas ke faga falta asi ke pódese dicir que toca todos os elementos do hippy hope.

Sax [Writer Invitado Exhibición Graffiti]

Sax nace en Vigo en 1980, pioneira do graffiti galego feminino comeza a pintar no ano 1997, dende aquela non parou de representar e amar o graffiti.

Crawler [Writer Invitado Exhibición Graffiti]

Coñecido escritor de graffiti da cidade de Pontevedra que plasma o seu nome e outras imaxes que xorden da súa cabeza nas paredes do Barrio de Campolongo e por extensión, en toda a xeografía galega.

Recoñece que unha das súas maiores paixóns é o graffiti e por iso creou a primeira web onde se recollía a escena graffiteira de Galicia, o que o levou a visitar todos os puntos de creación na comunidade, forxando amizades con escritores doutras provincias. Froito de estas relacións realizáronse exhibicións, exposicións e charlas para diversos eventos, colaborando e compartindo coñecementos con asociacións culturais, xuvenís e concellos.

Os esforzos por mostrar o graffiti como acto artístico e non vandálico condúcenlle a impartir talleres para concellos, institutos ou museos, destinados a educar e concienciar aos novos (e non tan novos) que o graffiti non é só unha sinatura na parede, que pode servir (e serve) para recuperar espazos e darlle cor as cidades grises.

Premier Class



Premier Class é un grupo vigués que comeza a súa andaina no ano 1997 da man de Solemne e One-C. Un par de anos máis tarde, cando os 90 daban os seus últimos coletazos, únese a eles Meke.

Equilibrioh



Equilibrioh nace fai máis ou menos dous anos, formado por Iago (antigo integrante de Sucias Ratas) e Sokez (Sokez e Zepo) na parte vocal, Dj Tru aos pratos e Marcato como produtor.

Crewjientes

http://www.myspace.com/crewjientes


Crewjientes é un grupo de Villagarcía de Arousa formado por Chico Sumo, Rino e Dj Isak. Á súa vez, o grupo forma parte do Colectivo VGA en Llamas (Crewjientes + Freshtyle).

De Buena Tinta


Risk, Dj Daso e Vasp formaron o grupo pontevedrés De Buena Tinta no mes de febreiro de 2009.

Fiesta Presentación IV Jamda Chicharra

Por petición do persoal, deixo algo de info da batalla de MC's realizada no pub Soultrain de Pontevedra o dia 29 de abril do 2010 coa escusa da festa-presentación da IV Jamda Chicharra.
Darlle as grazas públicamente a l'Sebe (Delahoja) por ser o noso mestre de cerimonias, a Dj Zepo por ter seleccionadas as instrumentais e especialmente a Dj Hanes, Dj Astro One Deep e o puto Gavacho por aceptar formar parte do xurado.
Saúdos para os participantes (e aos que non puideron estar connosco, especialmente) e para o público, vémonos na Chicharra.
Crawler

Ubicación




CONTACTO

Contacta con nós en:

Chicharra2010@gmail.com

Ou nos tlfns: 986 856 573
(local de música), 986 840 367 (Dep.Mocidade)

Buscanos tamén no Facebook.


Claro que podes participar na Chicharra de xeito diferente ao dun mero espectador, colabora, axuda e participa na súa posta en marcha e montaxe.
E senón é desta volta, será na seguinte edición... novas edicións, novas ideas !!!
Infórmate no telefóno 986 840 367
ou nos seguintes enderezos electrónicos:
omix@concellopontevedra.es
xuventude@concellopontevedra.es