Premier Class



Premier Class é un grupo vigués que comeza a súa andaina no ano 1997 da man de Solemne e One-C. Un par de anos máis tarde, cando os 90 daban os seus últimos coletazos, únese a eles Meke.

No 2002 ve a luz o seu primeiro traballo en forma de maqueta: "Tarde de perros", do cal se extraerá un tema [El engendro] para incluilo no recopilatorio de hip hop galego "Galicia Hip Hop Vol I". Seguen a este traballo unha promo de catro temas ["La pelota la llevo yo", 2003] e un maxi de dúas cancións ["Premier Class"] que unicamente podía escoitarse a través do seu myspace ( http://www.myspace.com/premierclass ).

Tres anos máis tarde de editar a súa primeira maqueta como grupo, Solemne lanzou en solitario "El Golpe", coa que chegou a ser finalista no concurso realizado polo "Maquetón 40 Principais Estrela Galicia" como mellor maqueta do ano, o que lle levaría a incluír un dos seus temas [Vivimos en la jungla] nun recopilatorio dos 40 Principais, a representar á escena galega nos directos da xira "Maquetón Estrella Galicia 06" e conseguir o primeiro premio no
concurso de directos do UrbanX.

Solemne se ha feito un oco entre os MC's máis importantes de Galicia e España, colaborando en infinidade de ocasións (ben como MC, ben como produtor) con diferentes artistas, ademais de formar parte do colectivo Likor Café con outros MC's e produtores da escena galega, cos cales edita no 2008 "Likor Café Vol I".

A finais de 2006, o grupo aumenta en número coa chegada de Malakai, co que pasan a ser 3 MC's e un Dj, formación que se mantén na actualidade e coa que, despois dun par de anos de arduo traballo, sacan a principios de 2009 o seu primeiro LP a nivel profesional, "ÁCIDO, a través do selo Grip Gain e no que contaron con diversas colaboracións de artistas nacionais e internacionais.

Este ano 2010, presentan na Chicharra o seu novo maxi "GANGBANG"

No hay comentarios: