Crawler [Writer Invitado Exhibición Graffiti]

Coñecido escritor de graffiti da cidade de Pontevedra que plasma o seu nome e outras imaxes que xorden da súa cabeza nas paredes do Barrio de Campolongo e por extensión, en toda a xeografía galega.

Recoñece que unha das súas maiores paixóns é o graffiti e por iso creou a primeira web onde se recollía a escena graffiteira de Galicia, o que o levou a visitar todos os puntos de creación na comunidade, forxando amizades con escritores doutras provincias. Froito de estas relacións realizáronse exhibicións, exposicións e charlas para diversos eventos, colaborando e compartindo coñecementos con asociacións culturais, xuvenís e concellos.

Os esforzos por mostrar o graffiti como acto artístico e non vandálico condúcenlle a impartir talleres para concellos, institutos ou museos, destinados a educar e concienciar aos novos (e non tan novos) que o graffiti non é só unha sinatura na parede, que pode servir (e serve) para recuperar espazos e darlle cor as cidades grises.














No hay comentarios: